Datos de envío
A miña conta
Ticket da compra
PAGAR     0,00 €    

¿Como mercar?

PASO 1, localizar e escoller os produtos que desexa comprar

Existe unha gran variedade de artigos en ECOENVÍO, aos que poderá acceder navegando pola tenda. Se non atopa o que busca, ou non está seguro acerca dalgunha característica dun dos nosos produtos, non dubide en contactar connosco. Á hora de adquirir un produto, debe fixarse en varios datos relevantes:

* A descrición técnica e foto do produto. Intentamos sempre ofrecer toda a información necesaria acerca dos nosos produtos.

* O prezo, que inclúe IVE.

* A información de Stock, represéntase mediante unha icona dunha cor determinada xunto a cada produto.

  • No disponible Sen existencias
  • Fuera de temporada Só en tempada
  • Baixo pedido
  • Últimas unidades
  • Entrega semanal
  • Dispoñible

 

Unha vez elixidos, pódense engadir os produtos ao carro da compra.

Baixo a descrición de cada produto, sempre atopará un botón para engadir ao "Carro da Compra". Púlseo se desexa adquirir ese artigo. O botón simboliza un carro da compra.

Estes son os botóns que engaden unha unidade do produto ao carro da compra.

Na pantalla acompañaralle sempre un ticket onde sempre estará ao tanto da compra que realiza.

 

PASO 2, gastos de envío

  • Envíos exclusivos a suscriptores  0,00 €
  • Mensajería Galicia  4,50 €
  • Mensajería Península  7,00 €
  • Mensajería Baleares - Mallorca  15,00 €
  • Mensajería Baleares - Otras islas  20,00 €

Para pedidos de ata 15 Kg.:

Gratuíto para pedidos de máis de 25 ? (Só puntos de Galicia con ruta semanal)

Os envíos realizaranse os mércores e xoves, a elixir. Os produtos frescos serán arrincados da leira o martes pola noite. Unha vez estea satisfeito co contido do carro da compra e escolla o día de envío, pulse o botón "Procesar Pedido ".

 

Paso 3, escolla forma de pago e introduza os seus datos

A seguinte pantalla permítelle escoller unha forma de pago para o seu pedido. Estas son as opcións dispoñibles:

* Transferencia bancaria

Unha vez finalizado o seu pedido, deberá realizar unha transferencia bancaria a Ecoenvío, ou un ingreso directo na nosa conta de Caixa Galicia. Facilitaránselle os datos necesarios ao final do proceso de pedido. Procesaremos o pedido ao recibir o pago na nosa conta.

O noso departamento de administración revisa os extractos bancarios a diario, polo que non é necesario que envíe xustificante. Unha vez recibamos o ingreso na nosa conta e dispoñamos de todo o material, procederemos a realizar o envío.

* Cartón de Crédito VISA/Mastercard

Realizarase un cargo ao seu cartón, e enviaremos o seu pedido o día que escolla.

Unha vez cumprimente todos os campos, por favor pulse "Continuar" para chegar á última fase.

 

Paso 4, Confirmar o seu pedido

Én o último paso, mostraráselle un resumo do pedido. Tamén pode escribir unha nota na que nos faga aclaracións acerca do seu pedido, por exemplo instrucións especiais de entrega.

Se está de acordo cos datos e o desglose presentado, pulse o botón de proceder á compra. Se non vai pagar o seu pedido por cartón de crédito, isto supón o último paso do pedido. Mostrarase unha pantalla co seu número de pedido, que é importante anotar para poder facer referencia ao seu pedido se contacta connosco por teléfono ou email. Tamén se lle mostrarán outros datos de interese dependendo da forma de pago; por exemplo se vai pagar por transferencia poderá ver o noso número de conta e o importe a transferir.